Habitando, o falangullo de ASF Galicia

Habitando é o podcast, ou falangullo como nos gusta máis decirlle en Galicia, de Arquitectura Sen Fronteiras. O último venres de cada mes estaremos no teu podcatcher favorito cun novo episodio, ou pásate por aquí para escoitalo ou descargalo directamente.


Producido polo grupo de Educación para o Desenvolvemento, e a colaboración do grupo de Comunicación, con Habitando pretendemos facerte chegar o día a día da nosa organización, os proxectos que estamos a desenvolver e sobre todo educar e sensibilizar no Dereito ao Hábitat. Ademais, gustaríanos que nos achegases os teus comentarios, dúbidas, ou punto de vista. Contamos coa vosa colaboración.

Habitando é un actividade que se engloba nun proxecto máis amplo que en asociación con Tinta Bacanal o grupo de EpD imos desenvolver ao longo de 2015 e 2016. Un proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia, o proxecto que non esta actividade específica do podcast, e que leva por título 'Proxecto de difusión do dereito ao Hábitat e as suas dimensións transculturais e de xénero a través da sensibilización e a educación non formal na comunidade educativa da Área Metropolitana de A Coruña'.