publicado a la(s) 15/05/2012 04:03 por Asf Galicia
[
actualizado el 15/05/2012 04:04
]
O pasado venres VTelevisión fixo un reportaxe sobre o traballo do grupo de cooperación local de ASF, amosando imáxens do video Pedra Papel, realizado a finais de 2011 polo devandito grupo de traballo da demarcación. Velaí a reportaxe, emitido esta fin de semana.
|
publicado a la(s) 15/05/2012 03:06 por Asf Galicia
[
actualizado el 15/05/2012 07:30 por ASF Grupo Trabajo Comunicación Galicia
]
O pasado 13 de maio, no estudio K2C (Santiago de Compostela), celebrouse a Asemblea de socios 2012 de ASF Galicia. Na mesma participaron 15 socios/as e 2 voluntarios/as da Demarcación de Galicia procedentes de toda a comunidade autónoma e a previa contou cunha xuntanza trimestral de demarcación, onde se expoñeron os plantexamentos estratéxicos de ASF España e Galicia para os próximos anos.
Na asamblea fíxose un repaso da memoria de actividades 2011 (que podedes descargar aquí) e ao final da mesma foi elexida unha nova Xunta Directiva da DT, formada agora por 6 socios/as:
Miguel Ángel Fernández Souto - presidente Adrián Ferreiro Pérez - secretario Lara Medín López - tesorera Carolina Jack Lago - vocal Cristina Blanco Montero - vocal Cristina Botana Iglesias - vocal
Dende xa desexamoslles moita sorte nas súas tarefas para os vindeiros meses! Vos deixamos cunha foto de grupo nada mal despois de oito horas de intensas reunións!
|
publicado a la(s) 03/05/2012 04:50 por Alberto Fortes
publicado a la(s) 23/04/2012 03:40 por Asf Galicia
[
actualizado el 23/04/2012 03:53
]
É o titular do artigo do xornal coruñés "La Opinión de A Coruña" que saiu hoxe resumindo a intervención do voluntario do grupo de Cooperación Local, Juan Aradas, quen interveu o domingo 22 de abril no programa da Cadea Ser, "El Coruñés Opina", ao cal vos remetimos. Tamén podedes escoitar parte da súa intervención aquí. Tamén os deixamos o enlace do programa integral: primeira e segunda parte. |
publicado a la(s) 22/03/2012 15:44 por Asf Galicia
[
actualizado el 22/03/2012 15:48
]
AS VOLUNTARIAS E OS VOLUNTARIOS DE VIGO E PONTEVEDRA DE ASF GALICIA MONTARON O STAND E XA COMEZOU A FERIA DE CONSTRUCIÓN DE GALICIA, SICO 2012.
VEN A VISITARNOS NO STAND Nº 11 ATA O DOMINGO 25 DE MARZO
VOS DEIXAMOS CUNHA IMAXE DO STAND E VOS LEMBRAMOS QUE MAÑÁ ÁS 16.00 DAREMOS A CHARLA "CONSTRUIMOS DEREITOS".
MOITAS GRAZAS AO GRUPO DE VOLUNTARIOS/AS DAS RÍAS BAIXAS POLO SÚPER TRABALLO!!! |
publicado a la(s) 12/03/2012 05:25 por Asf Galicia
[
actualizado el 12/03/2012 05:35
]
ASF Galicia estará en Vigo, los próximos 22-25 de marzo 2012 para la FERIA SICO de construcción. Allí daremos una charla el día 23 de marzo a las 16.00 horas con el título "Construimos Derechos". Otra socia y voluntaria de nuestra demarcación, Karme García, presentará el mismo día, justo después de ASF, el Concurso de Cortos "Tripomant na Cidade". Descárgate la invitación para los días 22 y 23 y si eres visitante profesional registrate gratuitamente en la página web de la Feria!
Te esperamos y haz toda la difusión posible!!
|
publicado a la(s) 12/03/2012 04:59 por Asf Galicia
[
actualizado el 12/03/2012 06:22
]
O martes 13 de marzo ás 18:00 horas, no Salón de Actos da ETS de Arquitectura (Campus de Zapateira) Arquitectos Sen Fronteiras presentará, xunto a ONGD Colores de Camerún o seu programa para o Proxecto de Coñecemento da Realidade. Ambas ONGD´s buscaremos estudantado interesado en participar en devandito programa para o ano 2012. Na presentación, que será ao cargo das ex-PCR Paula Morales Pereira e Cristina Blanco Montero, se informará das actividades que ambas ONGD realizamos nos países do Sur, e se establecerá un perfil do alumnado necesario para participar nestes proxectos. Os asistentes poderán expresar todas aquelas inquedanzas que teñan relacionadas cos PCR. Máis información no correo electrónico da OCV: ocvcoop@udc.es ou no teléfono 981 167 000 ext 1740. ATENCIÓN: para dar tempo a que a xente poida participar á charla antes de enviar a súa candidatura, ampliamos a convocatoria ASF para o PCR ata o día 18 de marzo! Aproveitamos para lembrarvos tamén que o día 12 de Marzo no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación as 12:00 horas terá lugar a inauguración da Exposición Fotográfica "Achégate ao Sur". Con esta exposición estase a difundir a convocatoria de Proxectos de Coñecemento da Realidade (PCR), coa que se pretende dar a coñecer á comunidade universitaria a dita iniciativa, a partir das fotografías de experiencias pasadas do alumnado propio da Universidade. Á inauguración acudirán a Vicerreitora de Relacións Internacionais e Cooperación, Dª Natalia Álvarez Lata e o director da Oficina de Cooperación e Voluntariado, Luís Hervella Nieto. O acto iniciarase cunha videoconferencia con Víctor Vázquez Álvarez, primeiro alumno que realizou un PCR, e actual traballador do Banco Mundial en Washington. De seguido, haberá unha mesa redonda que correrá a cargo de tres participantes nas bolsas PCR en anos anteriores na cal estará a voluntaria de ASF Galicia Cristina Botana Iglesias, onde ela e outros participantes contarán as súas experiencias en cooperación internacional en países como Marruecos, Nicaragua ou Guatemala. A inauguración estará aberta ao público e será de balde.
|
publicado a la(s) 07/03/2012 23:58 por Asf Galicia
[
actualizado el 12/03/2012 05:18
]
Dende o día o día 8 e ata o próximo 30 de marzo a exposición de fotografía "Mulleres maias unidas, queremos ensinar, queremos aprender" estará no Centro Cultural Deportivo de A Fabrica de Perillo (Oleiros) para achegar á sociedade galega a cultura maia e as súas reivindicacións como pobo indíxena que desde hai moito tempo loita polo recoñecemento dos seus dereitos.
A exposición contén 50 imaxes realizadas por mulleres indíxenas guatemaltecas que mostran desde unha rigorosa perspectiva de xénero, a realidade cotiá a partir da súa propia experiencia. As catorce protagonistas recibiron un curso de fotografía documental como ferramenta para contar a súa historia e as das súas comunidades: María del Mar, O Triunfo, A Verde e Aztlán. O propósito da mostra é romper con estereotipos e prexuízos que crean unha subxectividade única e estática da muller indíxena.
Dita exposición forma parte do proxecto de sensibilización “Coñecendo os pobos, achegando culturas” financiado pola Xunta de Galicia e levado a cabo en Galicia polas ONGD’s: Arquitectos sen Fronteiras, ACSUR Las Segovias Galiza, Solidariedade Internacional e Farmamundi Galicia. Ditas organizacións tamén levan a cabo un Programa de Cooperación Integral na zona chamado Oxlajuj T’zikin.
AGARDÁMOSVOS!
"Elas son mulleres fortes e viviron. Máis do que nos imaxinamos. Elas desexan seguir aprendendo porque saben que o coñecemento é a base do crecemento como sociedade sen perder as súas raíces. Foron mulleres receptivas, libres, iluminadas. E a realidade non ensombrece a beleza das imaxes que nos mostran, son tan dignas como elas." Adriana Leira, facilitadora do curso
|
publicado a la(s) 07/03/2012 05:58 por Asf Galicia
[
actualizado el 07/03/2012 06:00
]
O día 1 de xaneiro arrincou no Departamento do Quiché, en Guatemala, o proxecto K'o Achilil Poq'sanem "Salud Reproductiva Accesible", financiado pola Agencia Catalana de Cooperación e executado por Médicos Descalzos, Arquitectos Sen Fronteiras e Médicos do Mundo, en colaboración co proxecto Taishin, da Universidade de O Salvador.
O proxecto se configura como a primeira fase dun proceso que pretende contribuír a mellorar a calidade e a accesibilidade da prestación de servizos de saúde sexual e reprodutiva para as mulleres indíxenas do Departamento do Quiché, baixo criterios de pertinencia cultural e de xénero.
ASF aportará os seus coñecementos na construción dunha casa materna con adobe sismorresistente co obxectivo de ter un espazo controlado e identificado tanto polas comadronas como polos servizos de saúde onde sensibilizar e atender a toda a poboación de referencia do departamento, con especial fincapé nas mulleres rurais en idade fértil.
Na espera de poder enviarvos noticias da nosa primeira man dende o terreo, animámovos a botar un ollo ao sitio web de Médicos Descalzos e vos deixamos cun video moi significativo no cal os albaneis involucrados no proxecto cavan os cimentos da casa de atención materna, como preparativo á capacitación sobre as técnicas de incrustación da "vara de castilla" no sobre-cimento, por parte dos técnicos salvadoreños do proxecto Taishin.
|
publicado a la(s) 06/03/2012 02:26 por ASF Grupo Trabajo Comunicación Galicia
Dende Arquitectos Sen Fronteiras animámosvos a realizar un
proxecto de coñecemento da realidade ou PCR. Durante dous ou tres meses
aloxaráste co persoal expatriado de ASF e teredes a oportunidade única de
traballar con nós nos proxectos que estamos desenvolvendo en Guatemala, así
como coñecer de primeira man un proxecto de cooperación internacional no que
poderedes participar directamente, traballando coa población implicada e
obtendo unha formación directa e práctica, que ampliará non só a vosa visión do mundo da arquitectura
aplicada á habitabilidade básica, senón tamén a vosa visión do mundo.
Atoparás toda a información necesaria así como tamén as experiencias de anteriores
PCRs nesta web :
https://sites.google.com/a/asfes.org/asf-galicia/cooperacion-internacional/pcr-2011-guatemala
Desde Arquitectos Sin Fronteras os animamos a realizar un
proyecto de conocimiento de la realidad o PCR. Durante dos o tres meses te
alojarás con el personal expatriado de ASF y tendréis la oportunidad única de
trabajar con nosotros en los proyectos que estamos desarrollando en Guatemala, así
como conocer de primera mano un proyecto
de cooperación internacional en el que podréis participar directamente trabajando con la población implicada y obteniendo una
formación directa y práctica, que ampliará
no sólo vuestra visión del mundo de la arquitectura aplicado a la habitabilidad
básica sino también vuestra visión del mundo.
Encontrarás toda la información necesaria así como las
experiencias de anteriores PCRs en esta
web :
https://sites.google.com/a/asfes.org/asf-galicia/cooperacion-internacional/pcr-2011-guatemala |
|